23.6.08

ATA A PRÓXIMA!
Esto acábase e o curso xa non dá máis de si. Xa sei que moitos de vós non queriades que rematase para non ter que pasar o verán indo á praia durante o día e ás festas polas noites. Pero xa se sabe... todo o bo remata axiña!!
A biblioteca tamén pechas as portas, as de madeira, pero queda aberta todo o verán, nos libros que sacáchedes para que pasaran as vacacións con vós. Por certo que non era mala idea intercambialos entre vós cando os vaiades rematando!
Sempre podedes, se vos apetece, botarlle unha ollada ao noso catálogo, que seguro que ten máis dun enlace que vos pode gustar!
Este ano tivemos unhas cantas novidades importantes, sacamos un boletín novo, 'O Rexubeiro' e naceron dous clubs de lectura: Arao grande e Arao pequeno, ademais de seguir coas actividades doutros anos. Seguro que o próximo curso as actividades terán continuidade coa xente que xa participou este ano e coa xente nova que se apunte.
Como despedida de curso déixovos aquí unhas cantas imaxes de recordo.
FELIZ VERÁN!
VÉMONOS!
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

9.6.08

"Pedraguiambiental"
Xa temos preparado o enlace co blog Pedraguiambiental, que está relacionado co proxecto de Voz Natura que se leva a cabo no noso insti.
Un blog moi movido, con novidades constantes, que podedes visitar picando no listado de enlaces que tedes na columna dereita, en oscuro, desta mesma páxina.
Noraboa ao coordenador do blog e a todos os que xa están deixando alí os seus comentarios. Benvidos á blogosfera!!

5.6.08

Érache o que había!
Por este curso, o grupo de teatro do Insti "Éche o que hai" deixa caer o pano e despídese ata outra ocasión. Despedíronse coa representación da obra "Quen matou ao Sr. Torres?"
Fixeron un 'dobrete', representando a obra dúas veces consecutivas. Na primeira non tiveron un público moi colaborador, pero na segunda, cun público moito máis atento, a cousa funcionou realmente ben.
Teremos que esperar ata comezos do próximo curso para ver a seguinte representación, cunha obra máis longa que seguro que, sabendo de quen vén, terá máis dunha sorpresa! Mentres tanto aquí tedes unhas fotos para facer boca:

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

3.6.08



Rematamos por este curso o "Sabías que...?". Foi bonito mentres durou!!
Persoalmente podo dicir que foi un pracer ver como moitos e moitas se "rompían a cabeza" buscando as solucións ás preguntas, apostas e pistas.
A xente traballou ben, como o equipo da foto, que acabou sendo o gañador, seguido moi de cerca polas segundas clasificadas. E coidado cos de 1º que quedaron terceiros a tan só 2 puntos do equipo subcampión.
O ambiente foi tan bo que a organización decidiu (só por este ano) duplicar os premios á participación, que de catro pasaron a oito.
Parece que os afortunados disfrutan do seu merecido premio!!

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

31.5.08

Visita á exposición
Durante este mes de maio estiveron expostos no corredor da planta baixa os magníficos carteis sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas Xosé María Álvarez Blázquez. Nas clases de galego dedicamos unha sesión a visitala. Na clase formamos grupos de catro e a profe preparou un cuestionario con preguntas. Foi unha clase diferente e gustounos, a profe quedou moi contenta cos resultados e fixo algunhas fotos mentres nós traballabamos.