O PERIGO DOS LIBROSXa dixemos máis dunha vez que os libros sonche moi perigosos. Atacan directamente á cabeza, ábrena ao mundo e poden chegar a facer pensar, a entender e entendernos mellor, e a ter opinión propia sobre aqueles asuntos do noso interés. Aquí vos deixo un vídeo do humorista José Mota sobre os "adictos" aos libros.. ou ao mellor, máis que ver o asunto con humor, é un adianto no tempo do que pode ser real dentro duns anos? Os que lichedes, ou víchedes, Fahrenheit 451, sabedes a que me refiro.



