24.4.08

Un día do libro... teatral !
Estos si que lle botan teatro á cousa. O grupo do teatro do Instituto "Éche o que hai" puxo onte en escena "Obras son amores e non boas razóns". E fíxoo por duplicado, en dúas sesión sen case descanso, unha para cada ciclo.
Por fin, as horas de traballo, os ensaios dos venres comendo no insti, e a pacencia de Silvia, tiveron recompensa. Prometeron que en breve voltarán ao escenario para representar outra obra.
Non foi mal xeito de celebrar o día do libro, que complementamos coa edición dunha guía de lectura. E como non todo son libros, hoxe mesmo, as 6, o club de lectura Arao-adultos veremos unha película relacionada co último libro que lemos. Seguro que repetiremos.

17.4.08

Sabías que... xa está a pique de arrancar o Sabías ...que? deste ano?

Pois xa sabes, se non o sabías agora xa o sabes!
E a saber: o prazo de inscrición xa está aberto e remata o próximo venres día 25!

Anímate!
Xunta a tres tolos máis coma ti e apúntate!
Podes ver as bases completas no taboleiro da biblioteca.

6.4.08

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE)
Este ano a nosa/vosa biblioteca, como moitos xa sabedes, e esperemos que tamén se note, está incluida no que se denomina Plambe, o Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares.
Estes días 3 e 4 (que tanto me botáchedes en falta) celebrouse un encontro de todas as bibliotecas acollidas a este plan. Alí poidemos escoitar, e aprender, dunha serie de persoas que saben moitísimo desto das bibliotecas escolares e da lectura (ou da non lectura, que de todo hai). Dá gusto ver a tanta xente, case 160, con tantas gañas e ilusión polo traballo nas bibliotecas e polos seus usuarios, vós!
Cando tes as baterías a media carga cousas coma esta recargan enerxía. Dende aquí unha felicitación ás organizadoras, Cristina e Pilar, aos ponentes e a nós mesmos, os asistentes, polo intercambio de ideas e os traballos compartidos. Ata a proxima!

28.3.08

Para estudar ben
Xa que na entrada anterior falamos da formación de usuarios de biblioteca que andaban a facer os de 2º, non está mal recomendar esta web (que nos chega desde a Asesoría de Biblitecas Escolares), que nos dá moitas pistas sobre como sacarlle rendemento ao tempo que lle adicamos ao estudo.
Tedes un enlace permanente no apartado de Recursos que está na columna da dereita deste mesmo blog.
Facédelle unha visita e veredes como lle sacades proveito!

25.3.08

Un seg, dous segun,
tres segundos
Andan os de 2º a rematar estes días o seu traballo na biblioteca. Durante a segunda avaliación andiveron por alí perdidos, vendo a forma (e formas) de atopar información e que facer con ela cando un dos profes lles manda facer un traballo. Logo de recordar o aprendido o curso anterior (sobre a organización da biblioteca e como atopar o que necesitan), andiveron remexendo nas enciclopedias, nos libros, nos atlas... e tamén lle botaron unhas súplicas a 'san Google', que din eles que fai milagres.
Se queredes velos en plena acción non tedes máis que picar na imaxe.