27.4.09

ESTAMOS DE SORTE

Estamos a recibir, doutras bibliotecas escolares amigas, o agasallo de facernos Blog Maneiro, que ven sendo algo así como "blog con xeito", con bo xeito!


Agradecidos e cumpridores: ser blog maneiro implica tamén cumprir as regras:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

O primeiro que corresponde facer agora é agradecer aos blogs Felices Lecturas e a Bibliobarro o agasallo, cos nosos mellores desexos, e prometer intentar seguir a ser o máis maneiro posible. Repartimos o agasallo tamén con outros blogs (aínda que é probable que algún xa teña o título, pero temos que mencionalos) que nos gustan e nos axudan a mellorar:


- Biblioafonso
- Iniciarte
- Na estrada 525
- Arredor de si
- O ninho da curuxa
- Estamos a ler
- Biblio Fernando Blanco
- Trafegando Ronseis
- Mesturas
- Andel aberto


e, como mandas as regras, procedemos a colocar na nosa barra o logo de Blog Maneiro.
SABÍAS QUE...?
Xa arrancamos co Sabías que...? e, coma sempre, da gusto ver á xente botando fume polas orellas en busca da solución ás preguntas... É que os bibliotecarios sómosche 'moi malos malismos'.
Tamén tedes que saber que, igual que o curso pasado, tedes os cuestionarios na columna lateral do blog, picando no nome do concurso, por se queredes repasalas.
E de paso, un aviso, sobre todo para os de 3º: xa miráchedes en Pedras do Vilán??

23.4.09

XAESTAMOSAQUÍ !!
Xa estamos aquí! Hoxe volvemos a abrir a biblio logo dunha tempada de tela pechada para darlle un lavado de cara... e de pes! Puxémoslle corcho no chan, moito máis agradable e silencioso (?), e tamén levou un bo pintado. Agora está máis alegre (ou eso di ela).

Fixemos unha re-inauguración como é debido, con pasteis e regalos para os que se achegaron por alí, que foron bastantes, porque pastel non quedou ningún! Guías de lectura tampouco quedaron moitas, apenas 10, así que os bibliotecarios estamos contentos e a biblio disque tamén, que botaba en falta á rapazada!

23 de abril - Día do libro
Hoxe celebramos o día do libro e coincidindo con esta data reabrimos a biblioteca que estivera pechada por obras durante algún tempo, a ver que vos parece a "nova biblioteca". Está chea de colorido e queremos que nesta nova andadura sexa algo máis silenciosa e siga sendo igual de dinámica. A próxima semana empezamos co Sabías que...?
Sobre o Día do Libro tes información no taboleiro e picando aquí.

20.4.09

SAAS QUE...?
Sabías que durante esta semana tes tempo de apuntarte a sabías que...?
Pois xa sabes, busca tres compañeiros/as e apuntádevos durante os recreos na biblio.
Tedes as bases nas aulas e nos taboleiros, onde tamén están as papeletas de inscrición.
A que soa terrible: catro semanas de preguntas, pistas e apostas, traballo extra (menos mal que hai poucos exames), buscando nos libros, nas enciclopedias e nos mapas, preguntándolle a San Google, aos avós e ata ao can se fai falla!!!
Tremendo.. a que esperas para apuntarte??