19.5.11
18.5.11
Os compañeiros da biblioteca Escolar SATURNINO HERMIDA do IES CONCEPCIÓN ARENAL de Ferrol realiozaron este traballo fantástico sobre Lois Pereiro, o autor homenaxeado esten ano no Días das Letras Galegas. Reproducímolo aquí enteiro, con agradecemento.
dixo Manolo Rivas, na obra de Lois Pereiro, máis que na de ningún outro poeta galego,o amor e a morte, Eros e Thánatos, van da man.
Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos de francotirador,van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.
E para coñecelo mellor, podedes ver o traballo feito por Elvira Roiz, aconsellada por Inés.
SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
e o IES SÁNCHEZ CANTÓN de Pontevedra (autores desta entrada)
9.5.11
Os finalistas foron tres equipos bastante ben repartidos, porque había neles xente de case todos os niveis, de 1º a 4º, e só faltaba alguén de 3º. Finalmente, nunca mellor dito, alcanzaron o gran premio os de 4º, en segundo lugar un equipo de 2º e en terceiro lugar un equipo mesturado de 1º e 2º. Penso que non estivo nada mal e seguro que o ano que ven aínda será mellor.
Noraboa aos finalistas e moitas grazas a todos os participantes, aos que chegaron máis arriba e aos que quedaron nas primeiras roldas. E ánimo, que haberá máis cursos e mais Sabias que? e agora xa tedes experiencia!
Ah, e para ver o vídeo con música picade aquí!
6.5.11
Repito aquí, como dixen noutro post, que foi unha honra expoñer neste foro, a nosa experiencia de actividades en común coas familias do alumnado.
Vídeo resumen dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2010/2011, celebrados en Santiago de Compostela, os días 7 e 8 de abril de 2011. Asistiron responsables ou integrantes dos equipos de biblioteca dos 374 centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 10/11.

