Unha semana movida
Esta semana foi bastante movida no Instituto, xa que coincidiron dúas actividades consecutivas. Os de 1º e 2º foron a ver teatro a Santiago. Foron o día 29, xoves, debido a un cambio de datas da compañía de teatro. E o día 30 foron alumnos/as de todos os niveis á competición de campo a través que se organiza en Cee.
Podedes saber máis de todo isto visitando a sección "Outras actividades"
2.12.07
30.11.07
GUAAAUUUUQUE DISCO!!
Xa temos nas nosas mans o CD-DVD da Operación Can, coas marabillosas voces do alumnado deste IES (e algúns ex, que non vos esquecemos). Disque están nominados para os Grammy galegos!!
A verdade é que soa moi ben, que estes (cando queren) saben facer as cousas. Dende a biblio unha forte noraboa a todos/as e, como non, a Almudena. E recordámosvos que podedes ver algunhas fotos e un pequeno vídeo da gravación do disco se picades aquí.
25.11.07
25 de novembro: día contra a VIOLENCIA DE XENERO!
Levamos días cunha conta atrás que moitos non soubestes adiviñar. Quizais porque todos e
todas vós sabedes que unha data, por desgraza, non significa o remate dunha peste, dunha lacra social. Que por riba dos nosos desexos está a crúa realidade.
25 de novembro.
Sabemos a historia deste día, sabemos que a muller é máis vulnerable nas guerras, nos odios, nos enfrontamentos, na violencia.
Sabemos tamén, como educadores que somos, de que o uso gratuíto da violencia como xeito de reafirmación persoal sobre outro é a manifestación máis lamentable da ignorancia. Só aquel inseguro e con necesidade de amosar a súa posición agrede sen motivo.
De aí a importancia da educación, de formar aos mozos e ás mozas, ao noso alumnado por tanto, para combater de raíz as claves da existencia da violencia. Só dende a formación, dende a educación, seremos quen de combater contra ela.
25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos.
Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.
25 de novembro.
Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.
Levamos días cunha conta atrás que moitos non soubestes adiviñar. Quizais porque todos e
todas vós sabedes que unha data, por desgraza, non significa o remate dunha peste, dunha lacra social. Que por riba dos nosos desexos está a crúa realidade.
25 de novembro.
Sabemos a historia deste día, sabemos que a muller é máis vulnerable nas guerras, nos odios, nos enfrontamentos, na violencia.
Sabemos tamén, como educadores que somos, de que o uso gratuíto da violencia como xeito de reafirmación persoal sobre outro é a manifestación máis lamentable da ignorancia. Só aquel inseguro e con necesidade de amosar a súa posición agrede sen motivo.
De aí a importancia da educación, de formar aos mozos e ás mozas, ao noso alumnado por tanto, para combater de raíz as claves da existencia da violencia. Só dende a formación, dende a educación, seremos quen de combater contra ela.
25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos.
Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.
25 de novembro.
22.11.07
As letras están de loitoAbandonounos Fernando Fernán Gómez e as letras deste país quedan tristes. Marchou un dos grandes, dos máis grandes. Fixo ben practicamente todo aquelo no que se embarcou: escritor, autor e director de teatro, actor, director de cine...
Todos os compañeiros de profesión están de acordo en que foi o mestre de moitos, e o seu labor foi recoñecido con moitos premios, tanto literarios (ademais era membro da Real Academia) como teatrais e cinematográficos. Moito mérito tiña este home que se consideraba un simple 'cómico', que é como se denominaba antes aos actores.

Podes ver algunhas das súas películas na colección da nosa biblioteca. Se queres saber máis sobre el pica na foto e no seu nome.
18.11.07
MAN de CamelleCelebrouse en Camelle, na súa casa, un encontro sobre a figura de Man, o alemán de Camelle. Parece que agora, logo da súa triste despedida, comezamos a comprender e valorar a súa obra. Man era, como alguén explicou no Encontro, un dos artistas máis radicais da segunda mitade do século XX, encadrado (se é posible encadralo) na tendencia denominada Land Art. Pero no caso de Man levado ao extremo, de xeito que se confunden a súa obra e a súa propia vida. A súa vida foi a súa obra.
Un recordo para Man
E para a organización en xeral, felicitacións, que foi un traballo grande e ben feito, a pesar de que o espazo era máis un inconveniente que unha axuda. Para Ana, a bibliotecaria, felicitacións dobres, polo traballo e polos premios ó labor da biblioteca de Camariñas.
Que ocasións coma estas sirvan, tamén, para recordarnos que vivimos nun entorno privilexiado que non merece que o enchan de cemento!
(Se non podes ver as fotos pica aquí)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)