10.2.08

Vale. vale!!
Xa facemos caso das peticións do público. Incorporamos novas fotos na entrada anterior!

6.2.08

MARea de cores
Outro ano celebramos no Insti o antroido. Este ano o tema foi, a petición do público, "o mar" . Houbo moita xente que se 'mollou' no asunto (algúns torpóns 'mollámonos' en pintura) e tivemos un pouco de todo, dende tiburóns a piratas. Pero para informarte mellor non tes máis que visitar o apartado do blog "Outras actividades"

22.1.08

Nacen ARAOS na Biblio
Todos sabemos o escasos que andan os Araos; xa había poucos e logo do noso "querido" Prestige están practicamente extinguidos.
Pois o caso é que como todos din que os lectores tamén estamos a punto de extinción, nós tivemos un nacemento dobre na Biblio: dous clubes de lectura (un de alumnos e outro de adultos) e chamámoslle "Club de Lectura Arao"... e confiamos en non extinguirnos e seguir viviños e coleando moitos anos!!
Fixémolo aínda máis difícil, porque algúns van a "ler a pares" porque os adultos do club, con fillos no insti, van a ler o mesmo libro que eles/as.
Como regalo polo nacemento dobre teremos unha nova sección no blog, co nome do club, onde publicar as nosas opinións sobre as lecturas que vaimos facendo. Ben por Nós!!!

21.1.08

VANIER, BANDA DE METAL
Parece que a música no insti vai collendo 'marchita'. Logo do exitazo da Operación Can do curso pasado e do 'casting' das Aguias, agora un dos compoñentes de Vanier, unha banda local de Ghotic-black Metal, mándanos esta nota:

"que esta nosa terra, eche unha terra poblada de músicos non é novidade. O que si que é novidade é que haxa músicos noutro eido diferente ao tradicional, pero si ainos, como di aquel vello dito galego: habelas ainas.... Entre os alumnos que este ano fan 4ºdiso que lle chaman E.S.O. atópanse os integrantes da banda de metal camariñana Vanier: En 4ºA encontramos os señores encargados das cordas: Maikel Antelo as guitarras e José Martinez o baixo. En 4ºB o Fifo á batera e en 4ºC Frank Barcia os teclados. Máis información en :www.myspace.com/vanierband"

20.1.08

COMENZA A BATALLA

Está a punto de iniciarse unha nova batalla na biblioteca do Insti: II Torneo Escaques. Unha batalla que promete ser galáctica, como podedes ver na imaxe. Claro que esta batalla ten unha gran vantaxe: só hai un morto "real", o rei das pezas contrarias.
Sirva este torneo como pequeno tributo da biblioteca ao xenial e revolucionario Bobby Fischer, que hai pouco que nos deixou á idade de 64 anos, tantos coma escaques ten o taboleiro.
Se queres ver as bases do torneo podes picar aquí.