14.12.08

Boletín VILÁN da Biblioteca
Xa tedes á vosa disposición o boletín Vilán Nº 7, o primeiro deste curso, con noticias do acontecido (polo menos en parte) durante ese primeiro trimestre. Todos os interesados podedes coller un na biblioteca e levalo con vós.
Tamén tedes unha nova guía de lectura, con algunhas suxestións para este Nadal, aínda que podedes ler moitas outras cousas. Cada un ao seu gusto!
Recordade que durante as vacacións a biblioteca aumenta o número de libros para préstamo, e podedes levar ata un máximo de cinco por carné. Coma sempre, están invitados a utilizar o préstamo os membros das vosas familias.

5.12.08

Daltonismo VITAL
Alicia Baña Castro

Xa cando estaba no instituto (na foto) gañaba premios literarios. Contaba unhas historias como esta que podedes ler aquí, que aínda hoxe conservamos. Agora escribe poesía.
"Daltonismo VITAL" é o título do libro que presentou o domingo, día 7 de decembro na libraría LER de A Ponte do Porto. Unha vez feita a presentación e escoitados algúns dos poemas, de propia voz, podemos afirmar que Alicia o 'daltonismo' de Alicia non é máis que unha visión moi lúcida do mundo, aínda que neste primeiro poemario sexa un tanto oscura.


30.11.08

Día Mundial contra a sida
O lazo vermello é o símbolo da loita contra a Sida. Cada 1 de decembro dende 1988, conmemórase o Día Mundial contra a Sida.
Actúa. Detén a sida, unidos podemos.
Entre 1981 e 2007 rexistráronse no país 3.582 casos de Sida, dos que o 77 por cento dos afectados foron homes. Sanidade calcula que un de cada tres infectados polo virus VIH non sabe que é portador. Ao non existir vacina nin cura, é a prevención o único método para evitar o contaxio.

29.11.08

Ás carreiras en Cee

Xa podedes ver a entrada sobre o campo a través deste xoves pasado en Cee, en "Pedras do Vilán".

23.11.08

25 de novembro
Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Desde o Equipo de Normalización Lingüística e desde a Biblioteca, queremos poñer o noso graniño de area para axudar a acabar con esta violencia machista.
Todos os días do ano deben ser días de non violencia!!
Visitade a exposición para estar informados e deixade aquí algún comentario solidario.