ARAOS DE INTERCAMBIO
Os araos seguen estirando as súas ás. Ultimamente son capaces de voar sobre Inglaterra, viaxar ata Austria, darse un paseo pola capital, Viena, e regresar a tempo de ter a xuntanza na biblio o mércores pola tarde. Parece que o único que lles custa 'certo traballiño' é soltar os 'trinos' de un en un e escoitar a beleza do canto dos demais araos. Pero todo chegará...
4.3.09
17.2.09
Música Namorada
Tedes aquí abaixo as catro cancións que aparecen no poemario de Palabra Namorada, para que vexades que a poesía con música entra. Tamén soa unha fermosa canción se picades no poemario para velo en grande.
Cal delas vos parece a mellor canción de amor? Podedes votar publicando un comentario!
Discover Wet Wet Wet!

Escaques 'Perigosos'Andan estes días os participantes no torneo "escaques" a pelexar coas pezas do xadrez, e teño que avisalos que é un xogo perigoso, non só porque haxa unha morte 'real' (a do rei), senón porque os cerebros dos xogadores poden soportar unha tensión tremenda!! Os que non me crean poden ver estas dúas películas que tedes na vídeoteca da biblio.
Por certo, caramelo de premio para quen me diga que son os escaques, que xa van dous ou tres que non saben por que o torneo se chama así!
15.2.09
PALABRA NAMORADAChegou San Valentín e con el as flores aos corredores do Instituto. Chegou tamén o certame Literario "Palabra Namorada". Tedes á vosa disposición un poemario (incompleto, claro!) para os que queirades participar. As bases podedes lelas premendo aquí e o poemario podedes velo na columna da dereita deste blog. Picade encima e verédelo en grande.
Recordade que podedes participar con poemas en calquera das linguas que se estudan no insti e que podedes entregar un en cada lingua!
E ollo, que parece tamén hai profes dispostos a rimar, pero tranquis que os vosos premios están asegurados!
Labels:
alumnado,
biblioteca,
certames literarios,
ENDL
12.2.09
Será unha 'dancing-biblio'??
Está claro que na biblio temos 'movemento', e non só na biblio: por todo o instituto!
José accedeu (grazas, rapaz) a que colgasemos no blog o seu vídeo de electro-dance, unha afección que practica dende hai un ano. Imaxinade como bailará dentro dun par de anos!
Desde a biblio axudámoslle coa grabación, pero toda a edición do vídeo, efectos e demais é cousa súa; parece que ten outras habilidades ademais do baile.
Electro-dance na biblio from Libraco on Vimeo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)