13.5.09

CINE PARA FALAR
Hoxe era o día do audiovisual! Pola tarde tivemos unha sesión de cine para nais/pais e fillos. Tedes máis información no blog de Club de Lectura Arao, que non é exactamente o mesmo, pero ten moito que ver.
PEDRAGUIWOOD 2
"El reeetolllno"
Hoxe 'retolnamos' a traballar no audiovisual cos de 1º. Seguro que de agora en diante entenden mellor como se fai iso da TV e, como dicían Jairo e Elena, pensarán nos eléctricos, nos microfonistas, nos técnicos de son e vídeo, nos equipos de VTR, nos maquilladores...
Os monitolres prometeron que cando o teñan preparado nos mandarán o DVD co 'informativo' que gravamos hoxe e que seguro que todos queren ver. A min non me preocupa tanto o que saia no disco; impórtame máis todo o que había arredor da gravación e o que aprendemos facéndoo. Eramos un equipo de 25 persoas e todas tiveron o seu papel, todas cumpriron e o programa saíu adiante. E, ademais, polo que dicía Jairo ao remate, funcionou mellor que noutros sitios. Ben por nós!!
Aquí tedes outras poucas fotos de mostra mentres esperamos polo vídeo. Ah, por certo, pasade o rato por riba das fotos!

10.5.09

MES DAS LETRAS GALEGAS
Este ano a Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro pola súa desinteresada dedicación en defensa de Galicia e da cultura galega. Aquí tes un vídeo educativo sobre Ramón Piñeiro realizado polos rapaces dos CPIs de San Vicente (A Baña) e Os Dices (Rois).

7.5.09

PEDRAGUIWOOD 1
Comezamos hoxe coa actividade "O audiovisual nas aulas", que remataremos o próximo mércores, e xa temos aos equipos funcionando a pleno rendemento. Sobre todo aos de "produción" que teñen máis traballo agora que cando toque gravar.
Polo menos parece seguro que nos imos enterando de que as cousas non son tan fáciles de facer como de ver, hai moito traballo detrás de cada escena que vemos na tele!
Atentos ao 'informativo' que faremos o mércores. Pero mentres non olvidedes o "Sabías que...?" e recordade que tedes os cuestionarios aquí, no lateral deste blog (por se queredes botarlles un vistazo) e as fotos dos kaiaks en Pedras do Vilán.

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

3.5.09

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL
Xa está en marcha, dende hai un tempo a Biblioteca Dixital Mundial, auspiciada pola Unesco e coa participación dalgunhas das máis importantes bibliotecas do mundo; un proxecto que irá medrando paulatinamente coa incorporación de máis fondos das bibliotecas participantes. Inclúe a dixitalización de fondos antigos, para poder ver como eran os orixinais de fai centos (ou miles) de anos, ademais de
mapas, gravados, fotos... organizados por temas e cronoloxicamente. Xoias da historia da civilización ao alcance do rato!