Hoxe vén de publicarse unha plana enteira en "La Voz de Galicia" falando sobre a animación á lectura que se fai en moitas bibliotecas escolares de Galicia. Está moi ben que fóra das paredes do centro se saiba o que se fai, que se fale dos clubs de lectura, da Hora de Ler, das mochilas viaxeiras, e que se saiba que desde aquí 'exportamos' estas iniciativas ao resto do España. Se queredes ver as noticias orixinais picade nos enlaces.
24.11.09
DIA INTERNACIONALCONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
DI NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!
“Unha de cada tres mulleres e nenas pode sufrir abusos no transcurso da súa vida.” Contamos contigo para contribuír no cambio. Pasa á acción.
Dí NON – ÚNETE para Por Fin á Violencia contra as Mulleres. Pica na foto para ver o vídeo da campaña.
(Nicole Kidman, Embaixadora da Boa Vontade de UNIFEM)
Se queres participar na campaña vai a esta páxina
DI NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!
“Unha de cada tres mulleres e nenas pode sufrir abusos no transcurso da súa vida.” Contamos contigo para contribuír no cambio. Pasa á acción.
Dí NON – ÚNETE para Por Fin á Violencia contra as Mulleres. Pica na foto para ver o vídeo da campaña.
(Nicole Kidman, Embaixadora da Boa Vontade de UNIFEM)
Se queres participar na campaña vai a esta páxina
No concurso - es + cine para ser a voz dos que calan, rapaces de ESO e Bacharelato de diferentes centros de España, redactaron guións para unhas curtametraxes que logo profesionais do cine como Chus Gutiérrez, Ángeles González Sinde, Daniel Guzmán, Malena Alterio, Emma Suárez, Eduard Fernández o Víctor Elías, levaron á pantalla. O resultado e os premios foron os seguintes.
23.11.09
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONALDA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA
CONTRA A MULLER
No ano 2000 a Asemblea Xeral da ONU aproba unha resolución que establece o día 25 novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O 25 de novembro de 1960 foi a data na que as tres irmás Mirabal foron violentamente asasinadas na República Dominicana polo seu activismo político. Convertéronse en símbolo da loita pola erradicación da violencia contra as mulleres, primeiro en América Latina e dende o ano 2000 en todo o mundo. Se picas no selo poderás atopar máis información sobre elas.
A fixación desta data significa o recoñecemento mundial dunha inxustiza: a violencia de xénero.
Moitos cantantes e artistas falan nas letras das súas cancións deste problema. Aquí tes algunhas. Se coñecedes algunha máis podedes incluílas nos comentarios.

21.11.09
LER XUNTOS POR PRACER
Lemos porque temos necesidade de historias, queremos saber cousas e coñecer a nosa cultura.
Comezamos unha nova actividade organizada desde a biblioteca: Hora de Ler. Para experimentar implantámola nos grupos de 1º de ESO, que ao parecer están moi ilusionados. Cada alumno e cada alumna, e os profesores e profesoras que participamos na experiencia, trouxemos un libro, cómic, revista… das nosas casas, ou
escollémolo entre os materiais da biblioteca. Parece que moitos aínda prefiren ler en castelán! Preparamos unhas caixas para gardalos e repartimos uns marcapáxinas para saber onde deixamos a lectura.
escollémolo entre os materiais da biblioteca. Parece que moitos aínda prefiren ler en castelán! Preparamos unhas caixas para gardalos e repartimos uns marcapáxinas para saber onde deixamos a lectura. Así, durante un tempo, os luns e os venres ao volver do recreo, leremos xuntos e viaxaremos coa imaxinación por onde os libros queiran levarnos. Xa vos contaremos como vai a experiencia.
17.11.09
Unha foto coma esta pode decir moitas cousas sobre a lectura e os seus milagres (como ben sabe Ana). Pouco importa se non se entenden os debuxos e as letras que poida haber impresas. Importa a relación co libro e cos outros seres humanos. A lectura non só ten unha dimensión informativa, ten unha importantísima dimensión afectiva, como recolle a foto.
Logo, máis tarde, pódenche pasar cos libros cousas estrañas, como lle pasa a este rapaz do vídeo. Onde rematan as historias dos libros e onde comezamos nós?
(Vía "Trafegando Ronseis" a través de Biblioblogs Escolares)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)