17.2.10

UNHA DE REGALO
Xa que estes días hai xente que se anima a comentar no blog (un blog sen comentarios morre) e que aínda andamos cerca do "día do amor", por máis que o entroido o deixara un tanto escondido, vou a amosar o meu 'amor' polos lectores deste blog co agasallo desta historia de animación (que nos chega vía Mesturas, grazas). Unha historia sobre o amor, sen palabras (salvo o cartel final) e cun debuxo sinxelo que di moitísimo. Unha xenialidade do ruso Konstantin Bronzit que demostra que todos podemos ter a oportunidade nos momentos e lugares máis insospeitados.


13.2.10

ENTROIDO
NO IES
Que ben está iso de saír das aulas de cando en vez e ter o insti para outras cousas, non si? Aínda que haxa xente perigosa, coma a da foto, con ganas de cortarlle o pelo á xente á altura do pescozo. En fin, que se queredes saber algo máis tedes que ir, como non, a Pedras do Vilán.

11.2.10

Teatro en 'English'
Saímos do centro para percorrer as rúas antigas de Santiago, ver unha obra de teatro en 'English' e visitar o Mupega.
Pasámolo bastante ben, menos as dúas da foto, que se aburrían tanto que se quedaron durmidas unha sobre a outra. Se non mo credes podedes comprobalo visitando Pedras do Vilán, onde tedes as fotos que o demostran.

10.2.10

A QUEN TI QUEIRAS
Este curso cambiamos o formato da celebración de Palabra Namorada. Non temos, como outros anos, un certame de poesía. Este ano somos nós, desde a biblio, os que vos regalamos uns poemas para o día de San Valentín. Escolle o teu e ragálallo "a quen ti queiras", sen esquecer que hai moitos tipos de amor.
Xa que sempre nos resultan máis fáciles as palabras que firen, as que tapan os sentimentos, que sexa agora o tempo das palabras fermosas, das que nos achegan ao outro. Feliz San Valentín!

7.2.10

HOMO CONSUMUS
Aquí tedes un vídeo bastante clariño, e feito con humor (e con moita calidade) sobre os nosos hábitos. Xa que no centro estamos con varias campañas de reciclaxe podemos adicarlle un tempo a esta historieta e decidir a cal dos dous xéneros pertences: eres dos Homo Consumus ou pertences aos Homo Responsabilis??