9.3.10

MISIÓN POSIBLE!
Aquí tedes aos orgullosos gañadores e ás orgullosas gañadoras (que non me digan elas que non falo en feminino) do concurso sobre igualdade, lucindo a camiseta co seu slogan gañador. Véselles no sorriso contentos co seu merecido premio.
E dito esto, ímonos meter un pouco con eles/as:
que fan tantos homes en primeira liña e tantas mulleres na última? Son eles que queren estar diante?? Son elas que pensan que o seu sitio é máis atrás??? Houbo tiros por conseguir as prazas de diante???? Hai competencia por conseguir a pose máis "sexy"????? ehh, ehhh????

8.3.10

cenicinta

DÍA DA MULLER (II)
Seguimos a 8 de marzo e seguimos celebrando o día da muller (traballadora ou non, porque todas son traballadoras, dun xeito ou outro). Unha forma de celebralo foi a reunión de nais/pais esta tarde na biblio, sobre o tema da igualdade (que gusta dá ver a biblio chea de nais e pais e outras xentes), outra foi a entrega de premios aos slogans pola igualdade (felicidades 1ºB: igualdade: mision posible)e outra, por exemplo, a exposición de materiais que tedes no corredor. A ver se facemos realmente posible que cando vós sexades adultas/os, o chiste de hoxe de Forges xa non se entenda, porque daquela ninguén poida pensar que os 'xefazos' lles paguen diferente a homes e mulleres que fan o mesmo traballo. Seremos capaces?? Seredes capaces??

7.3.10


8 DE MARZO
DIA DA MULLER TRABALLADORA
Seguiremos traballando para previr as situacións de desigualdade, defendendo a participación en igualdade de mulleres e homes na educación, no traballo, na vida, educando a todos e todas no respecto, na igualdade, na corresponsabilidade, na autonomía…, conseguiremos un futuro mellor e eliminaremos todas as formas de discriminación.
Hoxe, para celebrar este día, no instituto, ás 10.50 horas, terá lugar a entrega de premios e diplomas do concurso Un slogan para a igualdade, organizado pola área de Igualdade do Concello de Camariñas e dirixido aos alumnos e alumnas do 1º ciclo da ESO. Aos premiados entregaráselles unha camiseta co slogan gañador.
Para exemplo de igualdade tedes aquí o conto de "La Cenicienta", que fartou do príncipe e montou un negocio por conta propia. Vai por vós, chicas!

6.3.10

LAGARTOS
AO SOL
Así estaban os da saída a Santiago do xoves pasado, como lagartos ao sol na Praza da Quintana, practicando para cando vaian a estudar á Universidade de Santiago, que xa sabemos que é un dos lugares favoritos dos estudantes cando hai sol. Que mellor sitio para ler os apuntamentos de clase? En fin, se queredes saber máis, xa sabedes, visitade as Pedras do Vilán, que son as que sosteñen o faro.

3.3.10

2010 ANO do LIBRO e a LECTURA
Este ano, que hai non tanto que estreamos, foi declarado pola Xunta de Galicia como ano da lectura. Evidentemente a nós parécenos de perlas, aínda que, curiosamente, sexa o ano en que temos menos cartos para os clubs de lectura que funcionan no instituto.
Na biblioteca sempre pensamos, ano da lectura ou non, que un libro nas mans fai que moitos disfrutemos de miles de historias e, ademais, sabemos que un libro sempre axuda a facernos mellores persoas.
Hoxe en día non só se le nos libros, lese en moitos tipos de pantallas, e benvidas sexan. Pero non olvidemos o valor da lectura impresa, en negro sobre branco, que é a que permite máis reflexión, cunha maior tranquilidade. Aquí vos deixo un enlace a un artigo estupendo, de Manuel Area, que deberiades ler, sobre todo os novos. Saúde e libros!