26.2.08

Palabra Namorada
Xa temos os gañadores e gañadoras do concurso Palabra Namorada deste curso. A verdade é que non parece importar moito se as bases indican que se escriban poemas, coma outros anos, ou cartas, coma este, porque sempre aparecen textos que poñen en apretos ao xurado para decidir a quen darlle o premio.
Dende aquí queremos darlle as grazas a todos/as os/as participantes que, premiados ou non, se atreveron a poñer en palabras sentimentos e emocións que moitas veces non nos atrevemos a sacar á luz. Aquí tedes os nomes dos gañadores, no Recanto Literario tedes as cartas, nas que respectamos o anonimato dos pseudónimos:
A) EN LINGUA GALEGA:
1º CICLO:
Lorena Dios Olveira 2º C
Virginia Bermúdez Alborés 2º B

2º CICLO:
Francisco Barcia Trashorras 4º C
Soraya Lema Suárez 4º C
(Premio especial á calidade participando nas dúas linguas).

B) EN LINGUA CASTELÁ:
1º CICLO:
Andrea Ferreiro Cerdeiras 1º C

2º CICLO:
Alicia Ogando Martínez 4º B

14.2.08

San Valentín Sonoro
Para favorecer a inspiración no certame de Cartas e mensaxes sms de Amor, convocado pola biblioteca, temos aquí unha ducia de preciosas cancións de amor:
Os 40Principais teñen a ben ofrecernos estas cancións na súa páxina adicada a San Valentín.
Podedes votar a que máis vos guste, nos comentarios desta entrada, e no recreo do martes, no remate do prazo de entrega das cartas, podemos poñela de fondo musical na biblio. Apetece??

11.2.08

PALABRA NAMORADA

Xa está convocado o concurso Palabra Namorada. Este ano en vez de poemas debedes escribir cartas de amor e/ou mensaxes de móbil. Lede ben as bases, están expostas nun dos expositores que hai no vestíbulo xunto con algunha carta de amor de autores coñecidos. O prazo de entrega dos traballos remata o próximo martes día 19 de febreiro. Animádevos e participade!

10.2.08

Vale. vale!!
Xa facemos caso das peticións do público. Incorporamos novas fotos na entrada anterior!

6.2.08

MARea de cores
Outro ano celebramos no Insti o antroido. Este ano o tema foi, a petición do público, "o mar" . Houbo moita xente que se 'mollou' no asunto (algúns torpóns 'mollámonos' en pintura) e tivemos un pouco de todo, dende tiburóns a piratas. Pero para informarte mellor non tes máis que visitar o apartado do blog "Outras actividades"