27.5.11

A IGUALDADE:
MISSIÓN POSSIBLE

A área de igualdade do Concello de Camariñas eo I.E.S. Pedra da Aguia de A Ponte do Porto, organizan o primeiro concurso de curtametraxes realizadas polo móbil:


A igualdade: Missión Possible.

Mira os vídeos atentamente no Canal Vilán de Youtube e logo vota aquí debaixo polo teu preferido:

Esta actividade participativa de sensibilización e prevención ten como pretensión principal que a mocidade desenvolva a súa creatividade por medio de visibilizar a situación de desigualdade que viven moitas mozas en situacións cotiás na nosa sociedade por medio do uso das novas tecnoloxías. Preténdese que o alumnado participante forme parte de todo o proceso de elaboración da peza e sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
Das catro curtametraxes resultantes elixiranse as dúas mellores, por medio dun premio a mellor curtametraxe elixida por un xurado especializado e un premio ao mellor corto elixido polo público. Os premios non poderán ser acumulativos. Se o premio do público coincide na curtametraxe galardoada polo xurado, será a seguinte en orden de votación a que obteña o premio.

19.5.11

SALVADOS
Xa víchedes que estamos esta tempada salvando libros por todas partes. Agora acabo de enterarme de que o autor dos cartaces que usamos como 'salvalibros', cos debuxos feitos a base de letras, son obra de... recordades a Alicia, aquela profe de francés que estivo no insti fai un par de anos? Pois o autor é o seu irmán, Jaime.
Alicia mándanos recordos, que di que os ten moi agradables de cando estivo entre nós. Mandámoslle nós tamén un saúdo e un agradecemento polo traballo dos eu irmán, que fixo de xeito totalmente desinteresado e que xa fixera, tamén, os cartaces do curso pasado, aqueles de "Para que les?" Recordades?
Vale, pois aquí tedes os libros salvados por cada centro dos que participamos na movida. Aquí tedes os que salvamos nós e os dos centros de Secundaria:

18.5.11

LOIS PEREIRO

Os compañeiros da biblioteca Escolar SATURNINO HERMIDA do IES CONCEPCIÓN ARENAL de Ferrol realiozaron este traballo fantástico sobre Lois Pereiro, o autor homenaxeado esten ano no Días das Letras Galegas. Reproducímolo aquí enteiro, con agradecemento.

dixo Manolo Rivas, na obra de Lois Pereiro, máis que na de ningún outro poeta galego,o amor e a morte, Eros e Thánatos, van da man.
Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos de francotirador,van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.
E para coñecelo mellor, podedes ver o traballo feito por Elvira Roiz, aconsellada por Inés.






SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.

Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Maio 2011

Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.

Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí

e algunhas das interesantes cousas que fai aqui

e tamén aquí….

Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade

salvandogrande

1 5
3 2
.
4
.

Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.

Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.

Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.

A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.


ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

IES LUIS SEOANE DE PONTEVEDRA

ESCOLA UNITARIA DE VIDE

e o IES SÁNCHEZ CANTÓN de Pontevedra (autores desta entrada)

9.5.11

XA SABEMOS QUE!!!
Xa rematamos o Sabías que...? deste curso e, logo dunhas emocionantes xornadas, onde os nervios tiveron moito que dicir, xa sabemos quen son os gañadores do concurso.
Os finalistas foron tres equipos bastante ben repartidos, porque había neles xente de case todos os niveis, de 1º a 4º, e só faltaba alguén de 3º. Finalmente, nunca mellor dito, alcanzaron o gran premio os de 4º, en segundo lugar un equipo de 2º e en terceiro lugar un equipo mesturado de 1º e 2º. Penso que non estivo nada mal e seguro que o ano que ven aínda será mellor.
Noraboa aos finalistas e moitas grazas a todos os participantes, aos que chegaron máis arriba e aos que quedaron nas primeiras roldas. E ánimo, que haberá máis cursos e mais Sabias que? e agora xa tedes experiencia!
Ah, e para ver o vídeo con música picade aquí!