10.2.09

Escaques III
Logo de tanto cantar no Insti en favor da paz... chegan as batallas!
Comenza o III torneo Escaques de xadrez, a única batalla que debe haber na nosa comunidade. Os contendientes (con dúas 'contendientas' incluídas, as únicas que se atreveron) pelexarán entre eles o tamén contra o tempo. Quen será o vencedor/a de tan dura batalla??
Os luns e mércores podedes asistir á 'guerra' en directo, na biblio, pero recordade: os que miran son de cartón (e por tanto non falan)!!

7.2.09

English Excursion to Santiago
you can learn about English Excursion (first level) by visiting "Pedras do Vilán". You can make a test (if you are brave enough) and watch a vídeo.
See you at "Pedras"!

31.1.09

Cantando pola Paz
Que gustazo! Ver a tanta xente no hall do instituto cantando xuntos pola Paz. Haille que dar as grazas ás que traballaron este tema e contribuíron á celebración. Estou certo que o ceo azul que temos esta mañá é debido aos cánticos de onte. PAZ


Día escolar da Paz from Libraco on Vimeo.

29.1.09



    CONSPIRACIÓN POLA PAZ

    As Bibliotecas Escolares xúntanse a conspirar pola Paz, e fan cousas tan fermosas coma esta:
  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.

  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.


25.1.09

STAND BY ME
Unha boa forma de demostrar que os humanos, das razas, tipos e lugares máis diversos, podemos entendernos moi ben entre nós, é a música, idioma universal. Como exemplo esta canción, o clásico "Stand by me" de Ben E. King (1968), interpretada por músicos da rúa de todas partes do mundo.
Paz e música!


Stand By Me from David Johnson on Vimeo.