31.10.08
30.10.08

Un dos lugares máis frecuentados este curso está sendo a torre dos dvds con películas. Desde hai quince días unha marea de alumnado de 1º está usando os seus carnés recén estreados, para lucir un dvd recén recollido.
Para animar ós de 2º pillamos aquí a este par de mozos en plena fase de selección.
Quisera animar a todos para que fagan o mesmo, xa que o cine aprende moitas cousas, entre elas a ler as imaxes gráficas en sucesión.A particular homenaxe ó alumnado de 1º vai nas Pedras do Vilán.
29.10.08
BIBLIOTECA E FAMILIASOnte pola tarde, aproveitando as reunións de titoría de 1º e 2º, mantivemos un encontro coas familias do alumnado novo, de 1º da ESO, na biblioteca. Nesta xuntanza entregámoslles unha carpetiña con información sobre a biblioteca e sobre o centro, así como unha carta na que se lles informaba das actividades previstas para realizar en conxunto e ás que voluntariamente se podían apuntar: Clubs de Lectura Arao, Lendo a Pares, Cine para Falar e Mochilas Viaxeiras. Tamén lles recordamos que a Biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, e que poden vir a visitarnos os xoves pola tarde; estaremos encantados de recibilos.
Podedes ver o material entregado picando aquí, ou na nova sección Biblio e Familias, que atoparedes na barra lateral do blog.
Esperemos que estas iniciativas teñan boa acollida e este curso sexamos aínda máis a participar nestas actividades conxuntas.
28.10.08
Noraboa Teenagers!!23.10.08
Acaba de coñecerse o Premio Nacional de Literaura Infatil e Xuvenil deste ano, que lle foi otorgado ao noso benquerido Agustín Fernández Paz, recoñecendo así o traballo tan estupendo que Agustín ven facendo dende hai xa moitos anos. Os seus libros sempre tiveron unha moi boa acollida entre os lectores xuvenís. Na biblioteca do Instituto podedes atopar varias obras súas, incluíndo esta última, gañadora do premio. Non vos extrañe se algún deses libros non está tan noviño coma outros, porque seguramente xa foi lido por varias persoas, que é o mellor premio que un libro pode ter.
Aquí podedes ver e escoitar ao propio Agustín nunha entrevista feita hai pouco tempo. Tamén podes ler a entrevista e o artigo publicados en 'La Voz de Galicia' o día 26
FELICIDADES, AGUSTÍN!! E a vós: felices lecturas!
