Xa tedes a entrada correspondente á excursión que fixeron os de 1º e 3º á 'Coru' o martes pasado no apartado Pedras do Vilán. Saídes todos e todas moi 'ghuapiños' e 'ghuapiñas'!
17.11.08
16.11.08
UN PRECIOSO LIBRO
O pasado xoves día 13 presentaron na Coruña un novo libro Xabier P. Docampo e Xosé Cobas. Estivemos alí e rímonos coas ocorrencias de Xabier (sempre nos divertimos con el). Xabier Docampo e Xosé Cobas, ademais de amigos nosos, son vellos coñecidos no noso instituto, xa que estiveron varias veces nel. Unha vez, hai xa algúns anos, estiveron xuntos e, mentres que Xabier nos contaba un conto (deses que conta tan ben el), Xosé Cobas foi facendo unha ilustración que aínda hoxe conservamos con agarimo. Está enmarcada e colgada na entrada da nosa biblioteca.
Este novo e marabilloso libro ten por título O libro das VIAXES IMAXINARIAS e xa está na nosa biblioteca asinado polos autores, agardando que alguén empece a disfrutalo.
11.11.08
TEMPO DE OUTONOHoxe é o día de San Martiño. Esta é unha das festas que figuran na pequena exposición sobre o outono que temos no vestíbulo do instituto. Para completala aí vai un refrán: "Polo San Martiño, peóns ao camiño" que ten relación co xogo dos trompos, buxainas ou peóns, xa que este é o tempo de sacalos a bailar. Pica nas frechas para pasar as follas da exposición. Se queres ler pica enriba para aumentar o tamaño.
3.11.08
Inauguramos unha nova sección no blog da biblioteca que, esperemos, pódelle vir moi ben a mais dun e dunha cando teñan que elaborar un traballo e/ou buscar información. Trátase dunha selección de páxinas web organizada do mesmo xeito que están organizados os fondos da biblioteca: pola CDU, sinalizada por números e cores. O enlace está na columna da dereita deste blog.Atoparedes un primiro enlace igual que os carteis que tedes colgados na biblio, para axudar a localizar a información que precisedes. Logo, picando en cada apartado, iredes a unha selección de páxinas que pensamos que vos poden axudar.
Lamentamos comunicar que aínda non atopamos a páxina máxica na que aparezan os traballos xa feitos (chámanse 'traballos' por algo) e o 'rincón del vago' xa está mais visto que os capítulos do "Internado", ou sexa, que non cola.
Esperemos que con esta axuda os traballos sexan un pouco mais doados de facer.
31.10.08
Aínda que este ano non fixemos o concurso de cabazas, debido á pouca participación que houbo no curso anterior, esperamos que o próximo ano esteades máis animados e poidamos facelo. De todos xeitos non queremos que pase desapercibida esta festa, se picades aquí encontraredes unha páxina con información. E se ides a Pedras do Vilán aínda atoparedes máis sorpresas.
Ah! Sabemos que un alumno de 1º non se puido resistir e fixo a súa cabaza que colocou na clase.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)