Parece que a primavera non solo fai subir as calores no instituto; tamén fai subir as cores. Por eso os de 3º, pincel en man, e baixo a man de Cristina, puxéronse a facer a súa propia interpretación dos pintores galegos máis coñecidos. O colorido resultado podedes velo aquí abaixo. Quen dixo que non teñen alma de artistas? Noraboa polo traballo!
6.5.10
4.5.10
NON ME PODO RESISTIRChéganos, a través do blog amigo Trafegando Ronseis , a noticia de que hai pouco que atoparon, rebuscando entre os cascallos dos estudos de gravación Abbey Road, unha sesión dos ensaios de "Get Back", unha das últimas cancións dos Beatles. A gravación é do ano 69, cando vós non estabades nin en proxecto e ao grupo quedábanlle días contados. Aparecen, ademais de Yoko, Billy Preston ás teclas e Mick Jagger mirando a sesión (aprendendo?). Pouco despois farían o mítico concerto no tellado dos estudos, antes de desfacer o grupo. Se tedes curiosidade por velos tocando este tema nos tellados picade aquí
.
1.5.10
Tivemos o pracer, este xoves pasado, de recibir no Club de Lectura Arao (adultos, ao de alumnos tocaralles en breve) a Rosa Aneiros, a autora de Resistencia, o libro que estabamos a ler.
Foi unha tarde estupenda, penso que moi proveitosa e da que todos saímos contentos, en gran parte debido á persoa de Rosa, tan cercana e agradable, e en parte á boa participación dos membros do club. Tedes máis información no blog do club de lectura.
27.4.10
Xa damos por rematado o noso libro XXL, que podedes ver completo, a tamaño natural, cerca da entrada da biblio. Podes ver aquí moitas das respostas de xente coñecida. Pero ademais, queremos deixar constancia tamén aquí, no blog da biblio, das respostas que foron dadas á nosa pregunta, Para que les? pola xente do instituto. Paga a pena miralas e lelas con certa atención. Veredes que as hai para todos os gustos e preferencias, pero todas teñen o seu sentido.
26.4.10
Tivemos esta tarde na biblioteca a sesión de cine para falar. Vimos a peli "Quiero ser como Beckham". Igual hoxe en día había que cambiar o nome do futbolista famoso, pero a peli segue a ser igual de válida, e bonita, que hai uns anos.
O mellor foi ver, outra vez, a biblio chea de xente, esta volta con alumnos e con adultos xuntos. E hai que dicir que non falaron só os maiores; os alumnos si que se atreveron a falar e dar a súa opinión. E seguro que seguirán defendendo os seus puntos de vista en futuras ocasións, que estas cousas hai que practicalas. (Preparémonos, adultos!!)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
