Xa temos en marcha o concurso deste ano de Sabías que...? Como novidade, este ano cambiamos o formato, e agora xogamos equipo contra equipo. Os gañadores pasan á seguinte fase, e irán enfrontándose entre eles, ata chegar á Gran Final. Na primeira fase tedes unha serie de preguntas cun máximo de 30 segundos para contestar. Na segunda fase cada equipo contará con 5 minutos para averiguar as respostas dunha serie de preguntas encadeadas, e no caso de que os dous atopen as solucións, o tempo empregado por cada un será o que decida quen é o vencedor. Emocionante, non si? Se non estás nun dos equipos, podes asistir como público na biblio durante os recreos. Sorte aos participantes!
5.4.11
29.3.11
THINK B4 U POST (II) Pensa antes de colgar
Hoxe @s alumn@s de 2º estiveron na sala de usos múltiples escoitando a charla sobre os riscos de internet (que son moitos). Prestaron moita atención, parece que a charla era do seu interese. Algún dicía que xa o sabía case todo, outros disque aprenderon moitas cousas que ata o de agora ignoraban. O que é seguro é que agora estamos todos mellor informados, polo que navegar e tuentiar seguro que vai ser moito máis seguro. Non si?
Aquí tes un vídeo da Xunta de Andalucía que seguro que che vai gustar.
23.3.11
Está convocado o concurso de curtas realizadas co móbil, ou coa cámara de fotos, sobre o tema da igualdade, seguindo o slogan gañador do concurso do ano pasado: A igualdade, missión posible! Colabora con nós, para sacar adiante a iniciativa e premiar aos gañadores, a Concellalía da Área de Igualdade do Concello. Haberá dous premios, un do Xurado e outro por votación popular. En canto teñamos os vídeos preparados (un pouco de paciencia) colgarémolos neste blog para que poidades votar polo que máis vos guste. Podedes consultar as bases aquí. E recordade, a igualdade conséguese día a día, entre tod@s.
17.3.11
Desde o IES da FONSAGRADAParece que aos nosos amigos da Fonsagrada gústalles 'complicarse' a vida. Mirade o vídeo e veredes cal é o destino final, que, evidentemente, non podía ser outro.
Non quero nin pensar nos traballiños que pasarían para facer algo tran espectacular, pero seguro que tamén o pasaron bomba polo camiño. Que cantidade de xente colaborando nunha mesma idea!
A nosa noraboa desde aquí, tamén cun anaquiño de envexa da boa!Non quero nin pensar nos traballiños que pasarían para facer algo tran espectacular, pero seguro que tamén o pasaron bomba polo camiño. Que cantidade de xente colaborando nunha mesma idea!
16.3.11
Recibimos a noticia triste de que finou Josefina Aldecoa. Foi a autora, entre outras cousas, do precioso libro "Historia de una maestra" que limos o curso pasado no noso club de adultos.
Pero non era simplemente unha escritora; Josefina adicou a súa vida ao ensino, creando e dirixindo un centro (Estilo) en plena era franquista e que se basa nos principios da Institución Libre de Enseñanza.
Foi quen, ademais, de demostrar as capacidades e o bon facer das mulleres nunha España na que iso era case impensable. Superou a morte -e a sombra como escritor- do seu marido, Ignacio Aldecoa, e creou unha obra propia, de gran sensibilidade e calidade literaria.
Ela deixounos, a súa obra queda.
Pero non era simplemente unha escritora; Josefina adicou a súa vida ao ensino, creando e dirixindo un centro (Estilo) en plena era franquista e que se basa nos principios da Institución Libre de Enseñanza.
Foi quen, ademais, de demostrar as capacidades e o bon facer das mulleres nunha España na que iso era case impensable. Superou a morte -e a sombra como escritor- do seu marido, Ignacio Aldecoa, e creou unha obra propia, de gran sensibilidade e calidade literaria.
Ela deixounos, a súa obra queda.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


