30.10.08


BUSCANDO UNHA PELI

Un dos lugares máis frecuentados este curso está sendo a torre dos dvds con películas. Desde hai quince días unha marea de alumnado de 1º está usando os seus carnés recén estreados, para lucir un dvd recén recollido.
Para animar ós de 2º pillamos aquí a este par de mozos en plena fase de selección.
Quisera animar a todos para que fagan o mesmo, xa que o cine aprende moitas cousas, entre elas a ler as imaxes gráficas en sucesión.A particular homenaxe ó alumnado de 1º vai nas Pedras do Vilán.

29.10.08

BIBLIOTECA E FAMILIAS
Onte pola tarde, aproveitando as reunións de titoría de 1º e 2º, mantivemos un encontro coas familias do alumnado novo, de 1º da ESO, na biblioteca. Nesta xuntanza entregámoslles unha carpetiña con información sobre a biblioteca e sobre o centro, así como unha carta na que se lles informaba das actividades previstas para realizar en conxunto e ás que voluntariamente se podían apuntar: Clubs de Lectura Arao, Lendo a Pares, Cine para Falar e Mochilas Viaxeiras. Tamén lles recordamos que a Biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, e que poden vir a visitarnos os xoves pola tarde; estaremos encantados de recibilos.
Podedes ver o material entregado picando aquí, ou na nova sección Biblio e Familias, que atoparedes na barra lateral do blog.
Esperemos que estas iniciativas teñan boa acollida e este curso sexamos aínda máis a participar nestas actividades conxuntas.

28.10.08

Noraboa Teenagers!!
Felicitacións para todos os participantes e participantas no mural de azulexo do curso pasado (grazas á santa pacencia de Javier Brey) que aparecen na edición internacional da revista Azulejo Internacional!
Podedes ver máis detalles en Pedras do Vilán!

23.10.08

Premio Nacional de Literatura

Acaba de coñecerse o Premio Nacional de Literaura Infatil e Xuvenil deste ano, que lle foi otorgado ao noso benquerido Agustín Fernández Paz, recoñecendo así o traballo tan estupendo que Agustín ven facendo dende hai xa moitos anos. Os seus libros sempre tiveron unha moi boa acollida entre os lectores xuvenís. Na biblioteca do Instituto podedes atopar varias obras súas, incluíndo esta última, gañadora do premio. Non vos extrañe se algún deses libros non está tan noviño coma outros, porque seguramente xa foi lido por varias persoas, que é o mellor premio que un libro pode ter.
Aquí podedes ver e escoitar ao propio Agustín nunha entrevista feita hai pouco tempo. Tamén podes ler a entrevista e o artigo publicados en 'La Voz de Galicia' o día 26
FELICIDADES, AGUSTÍN!! E a vós: felices lecturas!

1.10.08



"SCUSATE IL RITARDO"
"Perdoade o retraso", como dicía V. Rossi ao reconquistar o título mundial de Moto Gp, logo de dous anos.
Aquí, no blog, as escusas veñen porque este principio de curso estivemos un tanto lentos, e pasaron algunhas cousas que non apareceron no blog: o principio de curso, a apertura da biblio, a visita de Stephen Hawkins (aí queda eso!!) a Fisterra...

Como compensación deixamos na nova sección "Pedras do Vilán" un lotiño de fotos (o primeiro, logo virán máis) da marcha que fixemos de Traba a Laxe.

E, por suposto, darvos a todos unha cálida BENVIDA!!!