26.2.08

Palabra Namorada
Xa temos os gañadores e gañadoras do concurso Palabra Namorada deste curso. A verdade é que non parece importar moito se as bases indican que se escriban poemas, coma outros anos, ou cartas, coma este, porque sempre aparecen textos que poñen en apretos ao xurado para decidir a quen darlle o premio.
Dende aquí queremos darlle as grazas a todos/as os/as participantes que, premiados ou non, se atreveron a poñer en palabras sentimentos e emocións que moitas veces non nos atrevemos a sacar á luz. Aquí tedes os nomes dos gañadores, no Recanto Literario tedes as cartas, nas que respectamos o anonimato dos pseudónimos:
A) EN LINGUA GALEGA:
1º CICLO:
Lorena Dios Olveira 2º C
Virginia Bermúdez Alborés 2º B

2º CICLO:
Francisco Barcia Trashorras 4º C
Soraya Lema Suárez 4º C
(Premio especial á calidade participando nas dúas linguas).

B) EN LINGUA CASTELÁ:
1º CICLO:
Andrea Ferreiro Cerdeiras 1º C

2º CICLO:
Alicia Ogando Martínez 4º B