NELSON MANDELA, MORRE "EN PAZ"
Nelson Mandela (1918 - 2013). Coñecido no seu país, Sudáfrica, como Madiba, foi un político e avogado surafricano. Foi presidente da República de Sudáfrica de 1994 a 1999. Antes de estar preso fora líder de Umkhonto we Sizwe, o brazo armado do Congreso Nacional Africano. En 1962 foi arrestado e condeado a cadea perpetua e liberado, despois de máis de 27 no cárcere, en febreiro de 1990. Desde a súa liberación traballou sempre por superar o racismo e lograr a conciliación entre negros e blancos.Mandela traballou co entón presidente de Sudáfrica, Frederik Willem de Klerk, para conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica, cousa que se conseguiu en 1994. Polo seu traballo en conxunto, tanto Mandela como de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz de 1993. Posteriormente Mandela gañou as eleccións e foi presidente de Sudáfrica. A súa última aparición pública foi o 11 de xullo de 2010 na final do Campionato Mundial de fútbol de Sudáfrica 2010. Faleceu na súa casa de Johannesburgo o pasado xoves día 5 de decembro. Descanse EN PAZ.
Varios músicos lle dedicaron cancións. Esta que vos deixo neste vídeo foi composta por Jerry Dammer, do grupo inglés The Specials, cando estaba nol cárcere, pedindo a súa liberdade e foi interpretada por numerosos músicos que se uniron á petición en todo o mundo.