OLIMPIADA DO SABER
A semana pasada
celebrouse a final do concurso “Olimpiada do Saber”, organizado polo
Departamento de Xeografía e Historia.
Para participar no
concurso había que formar equipos de 4 persoas, unha por cada nivel da ESO.
Este dato era importante, xa que as preguntas de arte, xeografía e historia
abarcaban dende 1º a 4º da ESO.
Un total de 8 equipos
participaron nesta primeira edición. Durante unha semana enfrontáronse entre
eles utilizando a plataforma dixital
KAHOOT, que permite responder usando o móbil.
As tres mellores
puntuacións, correspondentes aos equipos “Os Calqueras”, “Os Crejas” e "KKdeVK”
víronse as caras na final, que tivo lugar na Biblioteca do Centro.
Tras 16 roldas de
preguntas, resultou gañador o equipo dos “Crejas”,
integrado por Iago Mouzo (4º), Juan Antelo (3º), Sergio Paz (2º) e Abel Luaces
(1º), a quen se lles entregará un diploma como vencedores desta edición,
ademais dun suculento premio. Parabéns!!!!