NO ÁRTICO CON ALBA
Hoxe estivemos no Insti a menos 40º e con ventos de 180 Kms por hora, pelexando con osos polares e nadando coas baleas azuis...
Ben, non, pero case!! Estivemos charlando con Alba Aguión, recén chegada do Ártico e que nos contou a súa experiencia, o que estivo estudando alí e como chegou a meterse nun proxecto tan interesante. Unha experiencia estupenda, para ela e para nós, xa que puidemos ver que as cousas que queremos pódense conseguir con traballo e esforzo. Tamén puidemos comprobar como traballar na clase pode dar lugar a encontros tan interesantes como este: sen traballar no blog de Naturais non tería habido contacto con Alba. Que se repita! Ah, e seguide os seus consellos e non esquezades o esquema do Iceberg: