REY E DAMA
Xa temos novo Rey e nova Dama: Javi e Paula. Quedaron coroados hoxe, logo de longas e perigosas batallas... no taboleiro. Para conseguir o seu trono, digo o seu premio, tiveron que vencer un último obstáculo: dunha banda a "final masculina" con Javi enfrentándose ao profe Carlos, o terror do reloxo, e doutro a "final feminina" con Paula fronte a Emilio, con toda a súa barba! Superado o obstáculo, con gran mérito pola súa banda, obtiveron un precioso reproductor de MP3 para a nova Dama e un taboleiro de viaxe, configuras de madeira, para o novo rey. Que os disfruten moito e durante moito tempo!
LONGA VIDA AO REY!! LONGA VIDA Á DAMA!!