Unha visión poética de internet
Desde comezo de curso tiñamos en mente poder contar con Carlos Negro na
biblioteca. A poesía estivo algo “esquecida” como lectura nos diferentes clubs
pero este ano decidimos que debía ser incluída, e de forma preferente, nas
nosas lecturas. Se temos un poeta do que os seus libros saen e entran dos
andeis continuamente é Carlos Negro. Poeta galego, próximo e directo como os
seus textos. Participamos no Programa de Encontros Literarios do Ministerio de
Educación e aquí estivo connosco. Pola mañá cos máis de 60 alumnos e alumnas
que forman os diferentes clubs e pola tarde co club de adultos. Un día moi
agradable que nos achegou máis a este xénero e que conseguiu facernos ler entre
liñas e silencios e non só con palabras, removendo sentimentos e emocións. Grazas
Carlos!