ESCAQUES X
Pois si, xa van dez edicións do torneo Escaques de xadrez! Este ano ademais contamos cunha boa representación feminina, o que hai que agradecer ás rapazas de 1º e 2º. Non tiveron grandes resultados pero é máis que probable que os obteñan en ocasións futuras. Tamén foi importante este ano o número de participantes, 22 en total, aínda que algúns abandonaron covardemente o campo de batalla en canto viron que as cousas non lles eran favorables...
O nosos "combatientes clásicos" tiveron máis "guerra" e, como xa ten pasado noutras ocasións, a batalla final tivo lugar no último día do torneo. Emoción e tensión entre Hugo Gómez e José Vázquez. Ao final a victoria foi a caer do lado do primeiro, que se leva o premio deste ano: un estupendo reló dixital de xadrez.Que o disfrutes, Hugo!