DÉRONLLE CABAZAS!
Ben, en realidade a cabaza deuna ela.
O que fixo o xurado foi concederlle un premio polo traballo ben feito e por esa pinta de "Dona Rogelia" (para os que recordan a tal "señora") con cara de tomarse o mundo a cachondeo.
Temos algún "cheque" máis esperando aos alumnos que non teñan "medo" de escribir e/ou ilustrar o micro-relato de terror do certame literario deste ano.
Na biblio xa estamos esperando, sedentos de sangue, que chegue o día das lecturas, para chantarlle os nosos "cairos de vampiro" a quen se atreva a entrar alí. Se non me credes mirade este vídeo para ir sabendo o que vos agarda...
Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!