29.1.21

Encontro con Juan Besada, autor de "Flor de harina"



Neste mes de xaneiro, o club de lectura de adultos organizou unha sesión en compañía do escritor Juan Besada, en torno ao poemario "Flor de harina". Estivemos desde as 6  ata as 8 da tarde, do xoves 21. Unha conversa moi agradable,e tamén esclarecedora,  na que oautor compartiu e intercambiou puntos de vista con nós e nos leu varios fragmentos da obra, así comno dalgunha outra á que fai referencia este poemario.

É un autor xa coñecido no club pois temos lido outro poemario con anterioridade, "La piel encendida", aínda que naquela ocasión fixémolo de xeito presencial.

Tanto esta vez como a anterior quedamos todos, nós e o autor, contentos coa experiencia e pensando na posibilidade de repetila en futuras ocasións.

Para ver unha reportaxe máis polo miúdo deste encontro literario preme AQUÍ



Captura do encontro online co autor Juan Besada

Xaneiro: emocións, lecturas e benestar


Este mes de xaneiro dedicamos o noso tempo de lectura nos distintos clubes a reflectir sobre as relacións humanas e as emocións en distintos momentos da vida dunha persoa, nomeadamente na adolescencia. Fixémolo a través da lectura dos que podemos considerar xa, clásicos populares por aclamación, con historias que gustan e funcionan na nosa biblioteca, e non só.

Deste xeito, destinamos un tempo e un espazo para co pretexto da lectura, compartir experiencias similares ás dos relatos cos que traballamos. O medo, o amor, a ira, a alegría... saíron en primeira persoa nos nosos clubes e colorearon unhas conversas, que concluíron en que a vida emocional é a base do noso benestar. Neste sentido, de xeito lúdico e informal, tivemos a oportunidade de tocar o obxectivo nº3, saúde e benestar, dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable establecidos pola ONU como a axenda para 2030.

No club de 1ºESO conversaron sobre As lágrimas de Shiva de Ceésar Mallorquí:

http://clublecturaarao.blogspot.com/2021/01/las-lagrimas-de-shiva.html 

No club de 2ºESO, traballouse o título El príncipe de la niebla de C. Ruíz Zafón:

http://clublecturaarao.blogspot.com/2021/01/el-principe-de-la-niebla.html

E o alumnado de 3ºESO, leu O vixía no centeo de Salinger:

http://clublecturaarao.blogspot.com/2021/01/o-vixia-no-centeo.html





28.1.21

Nova avaliación, novo horario para a Hora de Ler

Neste segunto trimestre continuamos coa HORA DE LER para normalizar o hábito lector entre a comunidade educativa. Deixamos o calendario desta avaliación adaptado ao horario matinal recén inaugurado. Lembrade que saltamos os recreos a 3ª e 4ª hora para lermos todo o centro simultaneamente.

26.1.21

O retorno das mochilas viaxeiras!


Acabou o nadal e as mochilas viaxeiras xa están de volta. A experiencia foi ben valorada e esperamos que continúen circulando ao longo do trimestre. Os empréstitos faranse os luns, respectando unha semana de corentena entre un e outro.

Ánimate a participar e se che interesa, pasa pola biblio para te anotares!

Algunhas alumnas enviaron fotos desde as súas casas mentres curioseaban na mochila. O seguinte podes ser ti!