OBRADOIROS DE XADREZ
Xa comezaron este xoves 22 de febreiro os obradoiros de xadrez impartidos por alumnos do centro.
O nivel principiante todos os xoves no 2º recreo e o nivel avanzado todos os venres, tamén no 2º recreo.
Animádevos e vir a botar una ollada!
Como dicía o gran maestro Bobby Fischer: "O xadrez non é como a vida, é a vida mesma".
BUZÓN DOS AFECTOS
Compañeiros, como xa sabedes todos, os amigos son esas persoas que nos acompañan e que temos cerca no día a día, coas que podemos compartir as nosas alegrías, tristezas, plans, soños..., son un tesouro de valor incalculable e que, ás veces, non valoramos na súa xusta medida.
Esta semana pasada celebramos a importancia da amizade no centro. Bonito, non? Pois un bico para todos vós.