MEDRANDO
Pois si, medrando. O que vedes na foto é a última incorporación ao noso club de lectura: o can de Mónica! Ao final vai resultar que bautizamos mal o noso club de lectura! Cando empezamos con el, hai uns anos, puxémoslle o nome medio en broma, pensando nos Araos, prácticamente extinguidos na nosa costa, logo do Prestige. Chamarnos Club de Lectura Arao era un guiño humorístico cara os lectores, que pareciamos tamén en extinción... E mira ti por onde este ano é o que máis xente hai no club. O club de alumnos tivemos que repartilo en dous grupos, un para 1º e 2º e outro para 3º e 4º. E resulta que aínda hoxe estamos recibindo novas solicitudes!
En canto a organización é unha loucura, e conseguir exemplares dos libros moi complicado... pero amigo, que gustazo que os problemas sexan eses!
Vémonos! Boas lecturas!