4.4.09

Que non falte a música
Xa que estamos de 'vacances' podemos aproveitar para abrir unha nova sección no blog: que non falte a música, que seguro que ten as bendicións de Almudena!
Podedes atopar a sección na barra dereita, tirando hacia abaixo. Irá cambiando cada certo tempo. Comenzamos con Bruce Springteen, "The Boss" ("o xefe", para os de francés); unha porque é unha boa forma de empezar e outra porque sei dalgunha empeñada en ir velo cando toque en Santiago este verán, verdade, J.P.?
Ah, admítense suxestións! Admítense ata de 'Claus Patera' que anda por aí cargando libros.

31.3.09

IMOS ADIANTANDO
Parece que algo se vai movendo na biblio. Xa vai faltando menos para que rematen as obras e a deixemos mais ghuapa e coa cara lavada. Aínda que non estou moi seguro de querer abrir de novo...!!?
É que é un gustazo estes días escoitar á xente preguntando que cando abre!! (Logo de que está aberta e funcionando xa non me dicides estas cousas!!) Xa se sabe que sempre se bota en falta o que non hai!