DE LIBROS, LIBRERÍAS E OUTRAS HERBAS...
Alá fomos os do Club de Lectura Arao, en busca de materia prima para a nosa/vosa biblio. Logo de ver o ben que o pasaban os nosos avós coas "tablets" (pizarra, pizarrillo) e outros adiantos da época, no Mupega, marchamos, mapa en man, en busca da terra prometida: as librerías. Primeiro recalamos en Komic, onde nos falaron, e moi ben, das posibilidades artísticas e narrativas do cómic, non sempre ben entendidas nos ámbitos "culturais"(?) Logo entramos nunha institución entre as librerías: Follas Novas. Alí nos vimos, entre paredes de libros, escoitando a historia viva do libro en Santiago, con libreiros e libreiras que saben do que falan. Tanto nunha como na outra -Kómic, Follas Novas- é fácil ver cando un fala do que lle apaixoa. Grazas a todos pola atención e o interese.
E si, tamén houbo tempo para comer, e deixar 'temblando' as máquinas de xeados e tamén para comprarse algún que outro 'trapito', que o verán está á volta da esquina (ou debería).