CAMARIÑAS EN NEGRO
Aínda que o acto estaba previsto celebrarse o venres 24, a choiva non
nolo permitiu. Hoxe, luns 27, puidemos levalo a cabo na praza da
Insuela de Camariñas. Todos os centros educativos do Concello sumáronse
á campaña "En Negro Contra a violencia machista" impulsada pola
Concellería de Asuntos Sociais.
Despois dun minuto de silencio en memoria das vítimas, alumnos dos tres
centros leron un manifesto no que se pedía o fin da violencia de xénero.
A continuación léronse dous poemas de Alba Canosa, na voz de Gabriel Dovao e Helena Ameijeiras. Para rematar o acto proxectáronse dous vídeos realizados polos alumnos do CEIP de Ponte do Porto e polo alumnado do IES Pedra da Aguia.
CAMARIÑAS LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS
NIN UNHA MÁIS!!