31.10.08

A FESTA DO SAMAÍN
Aínda que este ano non fixemos o concurso de cabazas, debido á pouca participación que houbo no curso anterior, esperamos que o próximo ano esteades máis animados e poidamos facelo. De todos xeitos non queremos que pase desapercibida esta festa, se picades aquí encontraredes unha páxina con información. E se ides a Pedras do Vilán aínda atoparedes máis sorpresas.
Ah! Sabemos que un alumno de 1º non se puido resistir e fixo a súa cabaza que colocou na clase.


30.10.08


BUSCANDO UNHA PELI

Un dos lugares máis frecuentados este curso está sendo a torre dos dvds con películas. Desde hai quince días unha marea de alumnado de 1º está usando os seus carnés recén estreados, para lucir un dvd recén recollido.
Para animar ós de 2º pillamos aquí a este par de mozos en plena fase de selección.
Quisera animar a todos para que fagan o mesmo, xa que o cine aprende moitas cousas, entre elas a ler as imaxes gráficas en sucesión.A particular homenaxe ó alumnado de 1º vai nas Pedras do Vilán.

29.10.08

BIBLIOTECA E FAMILIAS
Onte pola tarde, aproveitando as reunións de titoría de 1º e 2º, mantivemos un encontro coas familias do alumnado novo, de 1º da ESO, na biblioteca. Nesta xuntanza entregámoslles unha carpetiña con información sobre a biblioteca e sobre o centro, así como unha carta na que se lles informaba das actividades previstas para realizar en conxunto e ás que voluntariamente se podían apuntar: Clubs de Lectura Arao, Lendo a Pares, Cine para Falar e Mochilas Viaxeiras. Tamén lles recordamos que a Biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, e que poden vir a visitarnos os xoves pola tarde; estaremos encantados de recibilos.
Podedes ver o material entregado picando aquí, ou na nova sección Biblio e Familias, que atoparedes na barra lateral do blog.
Esperemos que estas iniciativas teñan boa acollida e este curso sexamos aínda máis a participar nestas actividades conxuntas.

28.10.08

Noraboa Teenagers!!
Felicitacións para todos os participantes e participantas no mural de azulexo do curso pasado (grazas á santa pacencia de Javier Brey) que aparecen na edición internacional da revista Azulejo Internacional!
Podedes ver máis detalles en Pedras do Vilán!