27.4.09

ESTAMOS DE SORTE

Estamos a recibir, doutras bibliotecas escolares amigas, o agasallo de facernos Blog Maneiro, que ven sendo algo así como "blog con xeito", con bo xeito!


Agradecidos e cumpridores: ser blog maneiro implica tamén cumprir as regras:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

O primeiro que corresponde facer agora é agradecer aos blogs Felices Lecturas e a Bibliobarro o agasallo, cos nosos mellores desexos, e prometer intentar seguir a ser o máis maneiro posible. Repartimos o agasallo tamén con outros blogs (aínda que é probable que algún xa teña o título, pero temos que mencionalos) que nos gustan e nos axudan a mellorar:


- Biblioafonso
- Iniciarte
- Na estrada 525
- Arredor de si
- O ninho da curuxa
- Estamos a ler
- Biblio Fernando Blanco
- Trafegando Ronseis
- Mesturas
- Andel aberto


e, como mandas as regras, procedemos a colocar na nosa barra o logo de Blog Maneiro.
SABÍAS QUE...?
Xa arrancamos co Sabías que...? e, coma sempre, da gusto ver á xente botando fume polas orellas en busca da solución ás preguntas... É que os bibliotecarios sómosche 'moi malos malismos'.
Tamén tedes que saber que, igual que o curso pasado, tedes os cuestionarios na columna lateral do blog, picando no nome do concurso, por se queredes repasalas.
E de paso, un aviso, sobre todo para os de 3º: xa miráchedes en Pedras do Vilán??