3.4.20

Conversa con María Reimóndez polo 8M

Así é todo non é o mesmo ler e ter a oportunidade de falar coa autora do libro, que acabar a historia sen máis e pousar o libro na estantería.
Esa sorte foi a que acompañou ao alumnado de 2ºESO que tras ler a obra "Fóra do normal" contou coa visita de María Raimóndez para conversar sobre identidades sexuais. Sempre é interesante cruzar puntos de vista, escoitarnos, despexar dúbidas e aprender. 
Esta actividade arredor do 8M foi inserida dentro do programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta, no que tamén participa a biblioteca.

2.4.20

Día Mundial da poesía 2020

Neste 21 de marzo tan atípico, celebremos o día da poesía vendo o documental "Vértice de Versos" de Carlos Lorenzo.
Unha longametraxe que nos aproxima ao acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. Esta proposta repara no valor didáctico da que a principal fonte literaria galega. Nela, participa toda unha xeración de poetas destacados pola calidade das súas creacións, recoñecidas tanto dentro como fóra da casa. A mensaxe do documental é traída por críticos, editores e por figuras xa consagradas como Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo.

Que encontredes inspiración para poetizar o voso día a día no fogar!

Para vermos o documental, prememos AQUÍ





A corentena pode ser unha oportunidade cultural

A pandemia que estamos a sufrir acarrexa unha vaga de solidariedade que vai alén dos recursos materiais. Durante a corentena, temos o reto de encontrarnos con nós mesmas e manexar un tempo do que non dispomos en situación normal. Talvez cando todo isto pase, sobre o tempo e sobre a vida, teñamos unha visión diferente. Sería unha grande aprendizaxe... Entre tanto, reunimos aquí varias propostas culturais altruistas para enriquecer a nosa mirada.

Vai de museos! Dez museos a só un click: tour virtual e coleccións online.

1. Pinacoteca di Brera - Milano https://pinacotecabrera.org/

2. Galleria degli Uffizi - Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali


4. Museo Archeologico - Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/



7. British Museum - Londra https://www.britishmuseum.org/collection

8. Metropolitan Museum - New York https://artsandculture.google.com/explore

9. Hermitage - San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj

10. National Gallery of art - Washington https://www.nga.gov/index.html

Se a oportunidade da ópera nunca se cruzou no teu camiño, 
aquí tes varias propostas para experimentar desde o sofá:


A programación desta semana pinta moi ben!!

- Luns: Carmen
- Martes: La Boheme
- Mércores: Il Trovatore
- Xoves: La Traviata
- Venres: La Fille du Regiment
- Sábado: Lucia di Lammermoor
- Domingo: Eugène Onegin

Queda na casa... e segue a ler, agora en dixital!



Certo é que a corentena tenos cambiado moito a vida nos últimos días e que temos que ir afacéndonos a novas rotinas pouco a pouco... Mais ninguén dixo que acompañar este proceso de boas lecturas ou filmes non fose posible. Velaquí o servizo de GalizaLe en aberto para todos os usuarios e usarias da rede pública de bibliotecas. Se eras socia, é só usar o teu código de acceso... e comezar a gozar dos fondos dixitais.