PARA UN AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA
Coincidindo co Día do Libro
2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta
(especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas
culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar
aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o
ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a
ler.
Son doce puntos moi breves pero
que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da
experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso
dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores,
mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da
educación...
Aínda que sempre oímos aquilo de
“niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á
lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai
moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non
sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que
traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e
sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a
todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar
a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa
Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais
relacionados coa lectura.
O dito, propóñovos a súa lectura: