6.4.08

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE)
Este ano a nosa/vosa biblioteca, como moitos xa sabedes, e esperemos que tamén se note, está incluida no que se denomina Plambe, o Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares.
Estes días 3 e 4 (que tanto me botáchedes en falta) celebrouse un encontro de todas as bibliotecas acollidas a este plan. Alí poidemos escoitar, e aprender, dunha serie de persoas que saben moitísimo desto das bibliotecas escolares e da lectura (ou da non lectura, que de todo hai). Dá gusto ver a tanta xente, case 160, con tantas gañas e ilusión polo traballo nas bibliotecas e polos seus usuarios, vós!
Cando tes as baterías a media carga cousas coma esta recargan enerxía. Dende aquí unha felicitación ás organizadoras, Cristina e Pilar, aos ponentes e a nós mesmos, os asistentes, polo intercambio de ideas e os traballos compartidos. Ata a proxima!