6.3.10

LAGARTOS
AO SOL
Así estaban os da saída a Santiago do xoves pasado, como lagartos ao sol na Praza da Quintana, practicando para cando vaian a estudar á Universidade de Santiago, que xa sabemos que é un dos lugares favoritos dos estudantes cando hai sol. Que mellor sitio para ler os apuntamentos de clase? En fin, se queredes saber máis, xa sabedes, visitade as Pedras do Vilán, que son as que sosteñen o faro.

3.3.10

2010 ANO do LIBRO e a LECTURA
Este ano, que hai non tanto que estreamos, foi declarado pola Xunta de Galicia como ano da lectura. Evidentemente a nós parécenos de perlas, aínda que, curiosamente, sexa o ano en que temos menos cartos para os clubs de lectura que funcionan no instituto.
Na biblioteca sempre pensamos, ano da lectura ou non, que un libro nas mans fai que moitos disfrutemos de miles de historias e, ademais, sabemos que un libro sempre axuda a facernos mellores persoas.
Hoxe en día non só se le nos libros, lese en moitos tipos de pantallas, e benvidas sexan. Pero non olvidemos o valor da lectura impresa, en negro sobre branco, que é a que permite máis reflexión, cunha maior tranquilidade. Aquí vos deixo un enlace a un artigo estupendo, de Manuel Area, que deberiades ler, sobre todo os novos. Saúde e libros!

1.3.10

REI ROI
Rematamos coa incruenta batalla da biblio deste curso, o IV Torneo Escaques de Xadrez. Como é sabido, só pode haber un rei logo de cada batalla, e un único rei logo de cada torneo. Este curso temos o Rei Roi, que venceu en xusto combate ao rei anterior, Santi, que se defendeu bravamente ata o último alento.
Aquí tedes ao actual monarca co seu merecido premio.
Mención especial ás nosas 'raíñas', que este curso houbo máis que outros anos. Estanlle perdendo o medo a isto das batallas nos escaques (os cadrados do taboleiro, para quen non o saiba) e nun futuro poden ser moi perigosas.
Aquí vos deixo unhas imaxes do campo de batalla:

28.2.10

PERDOA, PERO XA ESTÁN AQUÍ
Digo esto porque hai algunhas que non paran de dar a vara con que certos libros tardan en chegar á biblio: este da foto e algún outro de temas similares. Vese que aínda quedan polos corredores certos aires procedentes de San Valentín...
O caso é que xa teño eu curiosidade por ler os libros de Moccia, por aquelo do candado do amor, pero non podo porque non paran quietos nos andeis da biblio! Chamoume a atención, mirando por riba do ombreiro dunha lectora, que aparecían no primeiro libro os versos dunha canción da miña época (Moccia debe ser case tan prehistórico coma min), dun tal Cat Stevens (que traía toliñas ás mozas) e que falaba da rebelión dos xoves. Podedes velo aquí debaixo, e a letra da canción aquí. Saúde, lectoras!