Hoxe en Santiago xuntámonos moita (pero moita moita moita) xentiña cunha idea moi clara: non queremos dar un só paso atrás no que levamos gañado co galego nestes últimos anos.
Non queremos unha norma que cree un problema de linguas onde non o había e que na práctica suporía un retroceso do galego (outra vez) fronte ao castelán... e ao inglés!!
Deixo aquí unhas fotos como mostra do que pasou en Santiago e este enlace a un "decálogo" que anda a percorrer as Bibliotecas Escolares que mostra ben ás claras que non estamos contra ninguén, pero que non estamos dispostos a sufrir 'rebaixas' no noso.