11.9.08

ABRINDO PORTAS
BENVIDOS/AS A TODOS/AS
Aínda non empezou o curso pero xa andamos por aquí con bastante movemento. Hoxe tivemos unhas xornadas de presentación do Instituto para as familias. Falamos un pouco de todo: da colaboración cos Servicios Sociais do Concello, da Asociación Abondou, da Atención á Diversidade, da Convivencia no centro e, como non, da Biblioteca.
Para rematar os da Escola Taller de Aldea Madeira fixéronnos unha exhibición do que saben facer cos pinchos, tanto na cociña como na atención ao público. Un aplauso para estes ex-alumnos do centro (aínda que dan gañas de 'suspendelos' para obrigalos a repetir os pinchos cen veces).
Estamos convencidos de que cousas coma esta axudarán a sentirnos todos mellor, perder medos que non fan falta e sentirnos ben no instituto.
Ata moi prontiño!

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.