OLÍMPICO MAIOR
O noso "Olímpico maior", Arián, foi o representante do Instituto na Olimpíada Matemática celebrada o día 19 en Lugo (40 participantes de toda Galicia). Non trouxo a medalla de ouro pero si unha experiencia estupenda chea de novidades.
Foron recibidos no Círculo das Artes, na Praza Maior, e alí mesmo comezaron a proba, na que durante dúas horas estiveron pelexándose con cinco problemas de diferente tipo.
Para repoñerse foron todos xantar, invitados pola Asociación AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación
Matemática). Mentres agardaban as correccións das probas realizaron un pequeno circuíto matemático pola Praza Maior de Lugo
onde atopaban personaxes matemáticos como Hipatia (na foto).
Para rematar, no salón de actos da Deputación Provincial (Praza de San Marcos), fïxose a entrega de medallas e agasallos e cada participante recibiu un pen drive e un bolígrafo.
Seguro que en vindeiros anos é capaz de traer algunha medalla matemática para o centro. Xa se encargará Paula de que así o faga, non si?