A xornada do 20 de decembro é sempre unha mañá distinta! Este ano, despois das diversas actividades creativas desenvolvidas polos departamentos de Inglés, Música e Matemáticas, a Biblioteca ofertou un tempo de xogo cooperativo arredor de novas adquisicións como son as nosas caixas de "brainbox" coas que poñer a proba a nosa capacidade memorística! Seguro que xa sabemos máis cousas sobre Australia, Tokyo, Cuba ou Río de Janeiro! Moi recomendables estes xogos...
Por outra banda, os máis clásicos tamén apostaron polas damas e o xadrez que gozan de bastantes seguidores e seguidoras.
Se queres ver imaxes desta xornada de aprendizaxe non formal, preme AQUÍ.
22.12.19
Unhas vacacións de lectura!
O noso equipo de voluntariado vén de elaborar o folleto de inverno coas recomendacións lectoras, e non só. Queres coñecer algunhas das novidades editoriais que acaban de entrar na biblio? Apetéceche rescatar algún clásico para revivir algunha historia fascinante? ...e cinema? Coñeces os últimos filmes que temos?... Pois bótalle unha ollada á escolla feita polo voluntariado de lecturas e cinema... E que chova!
E lembra que se quixeras mercar algún destes títulos, as librarías do comercio local sempre son unha boa opción!!
Xordania, terra de acollida
Trala recollida do premio Vicente Ferrer en Madrid, o pasado 14 de novembro, celebrouse no instituto unha última xornada en relación coa experiencia formativa en Xordania, país ao que viaxaron dúas profesoras en representación do centro, para coñeceren en terreo varios proxectos de cooperación para o desenvolvemento que a AECID, a Agencia Española para la Cooperación Internacional y Desarrollo, promove en Oriente Medio.
A biblioteca, que foi parte do equipo dinamizador do proxecto premiado, organizou unha mostra de fotos tiradas durante a visita a campos de refuxiados palestinos e sirios, escolas e proxectos sociais (emprendemento, rehabilitación de mulleres vítimas de maltrato...), que foron explicadas ao alumnado, previamente homenaxeado cunha entrega de diplomas polo seu traballo durante o curso pasado no proxecto gañador.
Así luciu esta mostra na entrada da nosa biblioteca con imaxes tiradas durante a estancia no país e cartelas explicativas con información dos programas cooperación.
Se queres ver máis imaxes da experiencia, preme AQUÍ.
Se queres ver máis imaxes da experiencia, preme AQUÍ.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)