Trala recollida do premio Vicente Ferrer en Madrid, o pasado 14 de novembro, celebrouse no instituto unha última xornada en relación coa experiencia formativa en Xordania, país ao que viaxaron dúas profesoras en representación do centro, para coñeceren en terreo varios proxectos de cooperación para o desenvolvemento que a AECID, a Agencia Española para la Cooperación Internacional y Desarrollo, promove en Oriente Medio.
A biblioteca, que foi parte do equipo dinamizador do proxecto premiado, organizou unha mostra de fotos tiradas durante a visita a campos de refuxiados palestinos e sirios, escolas e proxectos sociais (emprendemento, rehabilitación de mulleres vítimas de maltrato...), que foron explicadas ao alumnado, previamente homenaxeado cunha entrega de diplomas polo seu traballo durante o curso pasado no proxecto gañador.
Así luciu esta mostra na entrada da nosa biblioteca con imaxes tiradas durante a estancia no país e cartelas explicativas con información dos programas cooperación.
Se queres ver máis imaxes da experiencia, preme AQUÍ.
Se queres ver máis imaxes da experiencia, preme AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario