Xosé Mª Díaz Castro
O Homenaxeado do Día dás Letras Galegas 2014 é Xosé María
Díaz Castro (1914-1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz
(Lugo).
Xosé María Díaz Castro ingresou aos 17 anos no Seminario de
Mondoñedo e cando saíu, en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e
Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa tradución. Tamén traballou non Instituto de Cultura Hispánica e
no Consello Superior Científico.
Escribiu os primeiros versos aos 12 anos e ou seu
primeiro poema publicouno aos 16 na revista "Choiva de rosas" da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na
revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo
IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén
publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo,
Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e
"Insua" de Madrid. En 1961 publicou Nimbos, a súa obra máis importante.
Fuxan os Ventos interpretan un dos seus poemas: Penélope. Aquí tedes a letra:
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.
Fuxan os Ventos interpretan un dos seus poemas: Penélope. Aquí tedes a letra:
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.