10.5.14

Xa estamos no ecuador desta nova edición de "Sabías que...?" Este ano temos a 15 equipos de tres persoas 'pelexando' polos premios finais. Non está mal!
Variamos un pouco o sistema, e na primeira fase os equipos deben conseguir puntos contestando preguntas, resolvendo problemas e gañando 'apostas'. Haberá tamén unha parte máis 'física', por exemplo realizando probas con balón.
Animádevos a conseguir a maior cantidade de puntos, porque os finalistas terán que enfrontarse... Non, non diremos agora como. Só que seguro que coñecedes o procedemento, xa que seguro que vedes algo semellante nos concursos da tele. A que mola!