O Samaín chegou un ano máis ao noso instituto, e o alumnado de 1º e 2º ESO
protagonizou toda unha sesión de narración oral que prestou a adultos e pequenos.
A actividade comezara xa días atrás coa preparación da sesión de contos,
escollidos desde os Departamentos de Lingua Galega e o equipo de DNLG, para dar
a coñecer e traballar relatos enraizados na nosa tradición. Xa logo, desde as titorías, artellouse a
dramatización das historias, a caracterización e a posta en escena. En relación a isto, hai que destacar o
papel do voluntariado da Biblioteca Escolar que fixo unha ambientación moi
creativa no multiusos do instituto: unha gran arañeira pendurada do teito, que
co xogo de luces vestiu todo un
espectáculo cheo de lápidas, follas de outono, cirios e cheiro a castañal.
Parabéns a todo o alumnado e profesorado que colaborou activamente para
facermos posible a nosa primeira actividade conxunta! Que veñan máis!