Durante
este mes de abril, os nosos clubs de lectura desenvolveron a súa
actividade coa ollada posta no vindeiro día do libro, o 23 de abril.
Tratándose de grupos familiarizados coa lectura, pareceunos oportuno
destinar a programación do mes á banda deseñada, da que a nosa
biblioteca ten un pequeno fondo con visos á súa ampliación. Os
títulos escollidos deron a oportunidade a algún alumnado de ter
unha primeira experiencia co medio, ben porque nunca antes
experimentaran coa lectura de cómic ben porque só coñecían o
manga. Durante as sesións puideron comprobar que a banda deseñada é
un medio moi atractivo e artístico para abordar calquera tema que se
nos ocorra.
No
club de 1ºESO escollimos A proba de Auga de Anémona de Río:
https://clublecturaarao.blogspot.com/2021/05/a-proba-de-auga.html
No
club de 2ºESO, traballamos con O derradeiro libro de Emma Olsen
baseado na novela de Berta Dávila e ilustrado por Pablo Prado:
https://clublecturaarao.blogspot.com/2021/05/o-derradeiro-libro-de-emma-olsen.html
E
co club de 3ºESO, a obra escollida foi Matar un ruiseñor ilustrado
por Fred Fordham baseado na novela de Harper Lee:
https://clublecturaarao.blogspot.com/2021/05/matar-un-ruisenor.html